Os nosos intervenientes
Engadimos aquí un breve perfil de cada un dos nosos intervenientes
Jakson Renner Rodrigues Soares – Como poñer en valor bens cualitativos (Cuantificación de patrimonio intanxible)
Doutor en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña. Traballou no proxecto de sinalización das rotas dos viños de Galicia e participou da equipe que desenvolveu a guía das rotas enoturísticas galegas. Realizou consultorías en comercialización turística para Galicia, Portugal e Brasil. É profesor e investigador na Escola Universitaria de Turismo da Universidade da Coruña nos Cursos de Turismo e Administración e turismo. Foco en intermediación do turismo, marketing e posicionamento das empresas turísticas. Tamén é profesor de comercialización e marketing na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicacións a cerca da competitividade dos destinos enoturísticos, con foco na diagnose e desenvolvemento do lugar.
Larissa Paola Macedo Castro Gabriel – Realidade e técnicas de marketing no destino (O caso da Ruta del Vini e Sappore na Emilia Romana-Italia)
Doutora en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña. Investiga sobre a imaxe dos destinos turísticos e ten realizado publicacións con foco no mundo enoturístico. Realizou traballos comparativos entre as rotas dos viños galegos e as italianas. Traballa en temas de competitividade do enoturismo, as novas tecnoloxías aplicadas ao mercado enoturístico e o perfil do enoturista na Emilia Romana. Realizou estancia na Università di Bologna (Italia), onde coñeceu ese segmento turístico desde unha visión máis práctica. É especialista en Administración y Organización de Eventos polo Centro Universitario SENAC, Aguas de Sao Pedro Brasil (2006) e Graduada en Xestión do Turismo pola Universidade da Amazonia, Belém-Brasil (2004). Investigadora colaboradora na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e Membro do Grupo de Estudos en Comportamento Organizacional e Métodos de Pesquisa (GECOMP) na UNIVALI. Liñas de investigación: Competitividade, comportamento do consumidor, marketing experiencial, enoturismo, imaxe dos destinos turísticos. Aínda actúa no ámbito do Comercio Exterior e Asuntos reguladores (calidade de servizos e produtos) para garantir a seguridade de produtos italianos comercializados en países de América Latina, e das rexión Asia-Pacifico e Europa.
Conceição Malvela Diógenes – Realidade e técnicas de marketing no destino (O caso do enoturismo no Rio São Francisco – Brasil)
Licenciada en Turismo pola Faculdade Integrada do Ceará (2004), iniciou súa vida profesional na Secretaría Estadual do Turismo, actuando no Programa de Desenvolvimento do Turismo (PRODETUR/NE), financiado polo Banco Interamericano de Desenvolvimento (BID). Desenvolveu innúmeros proxectos relacionados coa planificación e xestión de destinos turísticos no Estado do Ceará-Brasil. Mestrado en Xestión de Negocios Turísticos na Universidade Estadual do Ceará (2008), onde desenvolveu pescudas co foco no desenvolvemento local e nas políticas públicas do turismo. Actúa no Departamento de Turismo, hospitalidade e lecer en Brasil. Profesora das disciplinas de marketing turístico, políticas públicas do turismo, teoría xeral do turismo e realizando investigacións na área. Doutora en Xeografía pola Universidade Estadual Paulista Júlio de Mesquita Filho desde 2016. Coordina e participa de actividades de pescuda relacionadas co marketing turístico, desenvolvemento local, enoturismo como ferramenta para o desenvolvemento de destinos turísticos, tendo presentado traballos en diversos eventos nacionais e internacionais. Actualmente é investigadora na Universidade de Coimbra, vinculada ao Centro de Estudos de Xeografía e Ordenamento do Territorio, investigando temáticas vinculadas á formación de redes de turismo e desenvolvemento turístico.
Rosa Ana Prieto Florines – O uso do patrimonio enogastronómico a servizo do turismo
É membro da Asociación Muxicas Cultural e nativa de Vigo con orixes na Ribeira Sacra. Miña nai naceu onde o mundo se chama Castillón… Posgraduada en Turismo. Recolleu por iniciativa particular a toponimia de Castillón (Santiago), empregando a metodoloxía do PTG, formando parte dun proxecto multidisciplinar que abrangue aspectos económicos, etnográficos e sociolóxicos da citada parroquia. Traballa como guía oficial da Xunta de Galicia. Socia Fundadora de Galsentur (Galicia Sensacións Turísticas) que naceu coa idea de amosar a Galicia Real e as súas potencialidades. Basea o seu traballo no respecto ás poboacións implicadas e na valorización patrimonial para acadar o desenvolvemento sustentable do territorio e da sociedade. Desenvolve traballos a varios anos na Ribeira Sacra apostando polo valor engadido do patrimonio inmaterial e pola sustentabilidade medio ambiental, social e artística. É especialista na rexión enoturística da Ribeira Sacra utilizando a gastronomía galega, súa calidade e variedade como reclamo dos produtos montados.
María Elvira Lezcano González – Engadindo valor ao patrimonio enoturístico a través dunha visita temática ben deseñada
Doutora en Humanidades pola Universidade da Coruña, Licenciada en Xeografía e Historia (Rama Historia da Arte, especialidade de Museoloxía) pola Universidade de Santiago e Técnico en Empresas e Actividades Turísticas (TEAT) pola Escola de Turismo (CENP) de A Coruña. Profesora no Grao en Turismo e Dobre Grao en Turismo e Ciencias Empresariais, imparte materias relacionadas co Patrimonio Cultural. Colabora co “Máster Universitario de Patrimonio Cultural: investigación y gestión”, da Universitat de les Illes Balears. Experiencia na xestión do patrimonio, en concreto a través da participación en programas financiados con fondos europeos (LEADER, PRODER), desenvolvidos en Galicia con socios internacionais. Participa en proxectos turísticos e de Interpretación do Patrimonio. No eido do viño ten impartido cursos organizados pola Ruta do Viño Rías Baixas. Ademais, é Guía Oficial da Xunta de Galicia dende o ano 2001 e fai parte da directiva da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP) dende o 2006.
Sumiller Luis Paadín – Cata (Túnel de Viños da Ribeira Sacra)
Con máis de 20 anos dedicado ao viño (profesionalmente). Director do “Salón de Viños e Augardentes de Galicia” e director da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia. Socio fundador de Gallaecia. Vocal de AEPEV. Membro da FIJEV. Catador de varios paneis de calificación e de concursos internacionais. Máster de Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo. I Campeón Nacional do Concurso Europeo de Embaixadores do Champagne. Na actualidade compaxina a docencia en hostalaría coa promoción de adegas e eventos do viño e a gastronomía. Luis Paadín defínese como DIVULGADOR DE VIÑOS, para nós, un grande divulgador do patrimonio enoturístico. A “Guía de Vinos de Galicia” de Luis Paadín gañou o Premio Especial Gourmand (os Óscar da Gastronomía). Foi seleccionada por un xurado internacional entre máis de 10.000 libros de 211 países. Pola primeira vez un libro de viño de España se alza con este premio especial.
Ana María Peña Cabanas – Claves para o deseño de materiais promocionais con ferramentas gratuítas
Humanista de fonda vocación, docente e apaixoada das TIC. Comezou o seu periplo laboral como docente nun centro de integración chamado O Pelouro, onde aprendeu todo o que sabe de pedagoxía e de inclusión educativa. Traballou como profesora de secundaria e bacharelato en centros públicos dependentes da Consellería de Educación. Onde tomou contacto coas inmensas posibilidades das tecnoloxías para a mellora dos procesos educativos. Formouse nese ámbito na universidade de Salamanca e posteriormente traballou para a empresa Redox S.A. durante dous anos como deseñadora instruccional e titora de cursos de formación en liña dirixidos ao ámbito empresarial. É especialista pola UNED e traballou como Community manager e blogger para varias empresas, partidos políticos e concellos durante os anos 2012-14. Desde 2014 traballa na UDC como Técnica Superior en Teleformación no Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), posto que desempeño actualmente. Actualmente imparte o curso de Deseño e implementación de recursos didácticos multimedia para a docencia. Ofrece ferramentas aos profesionais júniors que necesitan apoio para melloraren as súas dotes de comercialización. Xestiona e organiza actividades relacionadas coa innovación educativa. Encargarse do deseño instruccional de accións formativas en liña ofertadas pola UDC. Apoia e asesora ao profesorado que imparte clase nas titulacións ofertadas pola UDC e colabora na xestión das redes sociais desta universidade.